HORARIO

Lunes a Jueves

9:00-14:00/16:00-18:00

Viernes

9:00-15:00

JUNIO A SEPTIEMBRE

Lunes a Viernes 9:00 – 15:00

DÓNDE ESTAMOS

Estrada Colexio Universitario, 16

36310 – VIGO

Tel. 986 469 301

museo@anfaco.es

V Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Historia do sector en Vigo en clave de xénero

O consorcio formado pola Fundación Clúster de Conservación de Productos do Mar – FUNPROMAR – e a Fundación para a Pesca e Marisqueo – FUNDAMAR-, co apoio da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, celebrou o mércores 23 de outubro ás 12:00h, no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura (Calle Princesa, 2), as V Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Historia do sector en Vigo en clave de xénero.
Como ven sendo habitual nos últimos anos e por medio da marca SEREAS creada por FUNPROMAR e FUNDAMAR, recóllense os testemuños e accións encamiñados á investigación e posta en común dos proxectos e traballos que teñen como conexión a visibilización da muller, poñendo especial atención no sector mar-industria.
O obxectivo desta nova edición de SEREAS foi narrar a Historia do sector pesqueiro e conserveiro en Vigo dende unha perspectiva de xénero, contribuíndo ao coñecemento e difusión da historia das mulleres como un primeiro paso cara un “futuro” fondo documental, gráfico e audiovisual.
Para iso, durante a xornada presentáronse as dúas primeiras fichas que tiveron como protagonistas ás mariscadoras de Vigo e ás traballadoras de Alfageme. Mostrouse, ademáis outras experiencias de éxito que traballan neste medio: “Álbum de mulleres” do Consello da Cultura Galega e “A Memoria das mulleres” do Concello de  Pontevedra.

“Álbum de mulleres”, presentado pola Técnico Mariám Mariño do Consello da Cultuga Galega, está plantexado como centro de documentación dixital con continuas incorporacións, permitindo a visibilización do persoal feminino en varios ámbitos: docencia, literatura, política, sociedade, ámbito doméstico, relixioso e marítimo.

“A memoria das mulleres” do Concello de Pontevedra ten a Montse Fajardo, responsable das represaliadas e a María Abelleira, responsable das traballadoras e da web “Do Gris ao Violeta”. Este proxecto ten como obxectivo principal a difusión e coñecemento da historia das mulleres así como a elaboración dunha enciclopedia virtual sobre as súas vidas ademáis do emprego das tecnoloxías da comunicación para a súa divulgación. O acto contou coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Dna. Carmela Silva e e Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, Dna. Uxía Blanco, xunto cos representantes de ambas fundacións, D. Javier Touza e D. Juan M. Vieites.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

marzo 2020
L M X J V S D
« Ene    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031