HORARIO

Lunes a Jueves

9:00-14:00/16:00-18:00

Viernes

9:00-15:00

JUNIO A SEPTIEMBRE

Lunes a Viernes 9:00 – 15:00

DÓNDE ESTAMOS

Estrada Colexio Universitario, 16

36310 – VIGO

Tel. 986 469 301

museo@anfaco.es

V XORNADAS SEREAS

As V Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Historia do sector en Vigo en clave de xénero, celebráronse o 23 de Outubro de 2019, ás 12:00h, no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura de Vigo, (Calle Princesa, 2).


Como ven sendo habitual nos últimos anos e por medio da marca SEREAS, creada por Fundación Clúster de Conservación de Productos do Mar – FUNPROMAR – e a Fundación para a Pesca e Marisqueo – FUNDAMAR-, recóllense os testemuños e accións encamiñadas á investigación e posta en común dos proxectos e traballos que teñen como conexión a visibilización da muller, poñendo especial atención no sector mar-industria.

O obxectivo desta nova edición de SEREAS foi narrar a Historia do sector pesqueiro e conserveiro en Vigo dende unha perspectiva de xénero, contribuíndo ao coñecemento e difusuión da historia das mulleres como un primeiro paso cara un “futuro” fondo documental, gráfico e audiovisual.
Para iso, durante a xornada presentáronse as primeiras fichas que terán como protagonistas ás Mariscadoras de Vigo e ás traballadoras de Alfageme, así como a figura de Fermina Alonso Lamberti. Mostrouse, ademáis, outras experiencias de éxito que traballan neste medio: “Álbum de mulleres” do Consello da Cultura Galega e “A Memoria das mulleres” do Concello de Pontevedra.

“Álbum de mulleres”, presentado pola Técnico Mariám Mariño del Consello da Cultuga Galega, está plantexado como centro de documentación dixital con continuas incorporacións, permitindo a visibilización do persoal feminino en varios ámbitos: docencia, literatura, política, sociedade, ámbito doméstico, relixioso e marítimo.
“A memoria das mulleres” do Concello de Pontevedra ten a Montse Fajardo e a María Abelleira neste proxecto cun claro obxectivo: a difusión e coñecemento da historia das mulleres así como a elaboración dunha enciclopedia virtual sobre as súas vidas ademáis do emprego das tecnoloxías da comunicación para a súa divulgación.

O acto contou coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Dna. Carmela Silva, a Dna. Elena Espinosa do Concello de Vigo e Dna. Uxía Blanco Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, Dna. Uxía Blanco, xunto cos representantes de ambas fundacións, D. Javier Touza e D. Juan M. Vieites.

junio 2020
L M X J V S D
« Ene    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930