HORARIO

Lunes a Jueves

9:00-14:00/16:00-18:00

Viernes

9:00-15:00

JUNIO A SEPTIEMBRE

Lunes a Viernes 9:00 – 15:00

DÓNDE ESTAMOS

Estrada Colexio Universitario, 16

36310 – VIGO

Tel. 986 469 301

museo@anfaco.es

IV XORNADAS SEREAS

O 8 de novembro de 2018 tiveron lugar as IV Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Mulleres de Cine no antigo Reitorado da Universidade de Vigo (Calle Oporto, 1).

Nesta ocasión puxemos o foco no protagonismo das mulleres do mar no noso cine, tanto documental como de ficción. Os invitados da mesa redonda foron o cineasta Álvaro Gago Díaz de Matria, a curtametraxe multipremiada no mítico Festival de Sundance, cuxa protagonista traballa nunha fábrica de conservas de peixe e marisco (Conservas Daporta, Cambados) que mudou a súa productividade polo plató de cine. Ademáis contaremos co seu xerente Alejandro Daporta.

Por outra banda, Cruz Piñon presentará o proxecto audiovisual “Teño unha Horta en San Sadurniño” que inclúe o documental realizado polas antiguas traballadoras da Conserveira El Cisne,Historia do cisne, o atún e a troita”. E finalmente, Xisela Franco que moderará a mesa redonda e  introducirá o seu documental poético La última batea”, suxerentes imaxes para despedir a ultima batea de ostras da ría de Vigo da man da súa propietaria.

A experiencia conxunta e a visión de ambas entidades sobre as cuestións de xénero no noso sector ,representando a transformación e a extracción dos produtos pesqueiros, púxonos na pista do baleiro en canto o rexistro das experiencias laborais e persoais femininas no mundo do mar en Vigo, e na súa ría. Polo tanto, na procura da salvagarda da memoria da muller e poder contar a historia do mar en clave de xénero, Fundamar e a Fundación Clúster para la Conservación de los Productos del Mar firmarán un convenio de colaboración para acometer conxuntamente a divulgación e o rexistro feminino das labores do mar

julio 2020
L M X J V S D
« Jun    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031