HORARIO

Lunes a Jueves

9:00-14:00/16:00-18:00

Viernes

9:00-15:00

JUNIO A SEPTIEMBRE

Lunes a Viernes 9:00 – 15:00

DÓNDE ESTAMOS

Estrada Colexio Universitario, 16

36310 – VIGO

Tel. 986 469 301

museo@anfaco.es

III XORNADAS SEREAS

Nas III Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro, realizadas o 16 de novembro de 2017 no Auditorio do Edificio Municipal do Areal (antigo Reitoriado, Rúa Oporto, 1), púxose o foco de atención nos Novos Retos aos que deben enfrontarse día tras día as mulleres que traballan no sector.

O obxectivo principal das Xornadas, promovidas polo consorcio formado pola Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar e a Fundación para la Pesca y Marisqueo (FUNDAMAR), foi o de salientar do papel estratéxico da muller no sector, extractivo e transformador dos produtos do mar, resaltando a súa achega e recoñecendo o seu  esforzo realizado tanto no pasado, presente e de cara ó futuro. Configurándose como alicerce fundamental da nosa sociedade e da comunidade pesqueira e conserveira xa que participan en toda a cadea productiva, dende o subsector extractivo ata a comercialización final do producto.

Este papel é fundamental en sectores como a conserva e a acuicultura,  nas actividades auxiliares da pesca ou do marisqueo onde a súa actuación convértese nun factor esencial, acadando en Galicia unha entidade propia que non existe noutros países de Europa. Sen embargo, esta realidade está recollida dun xeito moi deficiente nas escasas estatísitcas publicadas referidas ao sector pesqueiro, distorsionando o papel das mulleres. Persiste a idea de que a industria pesqueira e “cousa de homes” e aínda que en moitos sectores a contribución sexa infravalorada as mulleres desta industria están decididas a revertir esta invisibilidade.

marzo 2020
L M X J V S D
« Ene    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031