HORARIO

Lunes a Jueves

9:00-14:00/16:00-18:00

Viernes

9:00-15:00

JUNIO A SEPTIEMBRE

Lunes a Viernes 9:00 – 15:00

DÓNDE ESTAMOS

Estrada Colexio Universitario, 16

36310 – VIGO

Tel. 986 469 301

museo@anfaco.es

I XORNADAS

O 17 de outubro de 2008 leváronse a cabo as I Xornadas de divulgación do papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro co obxectivo de salientar o papel estratéxico da muller .

Nestas Xornadas púxose en relevancia a verdadeira importancia das mulleres no sector pesqueiro e conserveiro galego cunha cuantificación do emprego nos distintos campos.
Por todo iso, consideramos de gran importancia e utilidade a organización
destas xornadas dirixidas ás empresas do sector industrial transformador e conserveiro de produtos do mar e ao público en xeral, que terán como obxectivo concienciar e divulgar o papel activo da muller no noso sector dende unha perspectiva económica, laboral e práctica.

O programa do evento contou coa participación de Dna. Pilar Cancela Rodríguez (Directora Xeral de Relacións Laborais-Consellería de Traballo), Dna. Carmen García Negro (Profesora Titular da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela), Dna. Luisa Muñoz Abeledo (Profesora de Historia Contemporánea na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de
Santiago de Compostela), Dna. Marina Polo Cal (Responsable de Calidade da empresa CEFRICO e formadora do sector conserveiro) e Dna. Mª Teresa Filgueira Prol (Traballadora do sector conserveiro da empresa Conservas Isabel de Galicia, S.L,).

agosto 2020
L M X J V S D
« Jul    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31