HORARIO

Lunes a Jueves

9:00-14:00/16:00-18:00

Viernes

9:00-15:00

JUNIO A SEPTIEMBRE

Lunes a Viernes 9:00 – 15:00

DÓNDE ESTAMOS

Estrada Colexio Universitario, 16

36310 – VIGO

Tel. 986 469 301

museo@anfaco.es

II XORNADAS

No mes de novembro de 2009 tiveron lugar as II Xornadas de divulgación do papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro co obxectivo principal de salientar o papel estratéxico da muller no sector. Persiste a idea de que a industria pesqueira é “cousa de homes” e aínda que en moitos sectores a contribución sexa infravalorada, as mulleres desta industria están decididas a revertir esta invisibilidade.Nós queremos ser unha plataforma para transmitir a mensaxe á sociedade pero para iso é fundamental renoñecer e reforzar o papel da muller na mar.


Nestas Xornadas pretendemos evidenciar a verdadeira importancia das mulleres no sector mar dende unha visión global, abarcando o punto de vista empresarial, laboral, sociolóxico, histórico e artísitico.
A cidade de Vigo acolleu estas conferencias por ser o centro do protagonismo na industrialización da comunidade autónoma a través das fábricas de conservas, os estaleiros, os conxeladores, etc.

O programa das II Xornadas permitiu desfrutar das seguintes ponencias divididas en dous módulos. No MÓDULO I : MULLERES A PÉ DE MAR, contouse coa participación de Dna. Mª José Cortés Jimenez (Xefa de Servicio do Observatorio ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia), Dna. María do Carme García Negro (Catedrática de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela), D. Manuel Aldao Rocha (Ex-Xefe de producción de Massó), Dna. Ana María Soto Landeira (Ex-Asistente social de Massó), D. Luis Rei (Director da revista Ardentía de Cambados), Dna. Mª Teresa Filgueira Prol (Traballadora do sector conserveiro da empresa Conservas Isabel de Galicia S.L), Dna. Mª José Cacabelos (Mariscadora e Presidenta da asociación Guimatur de Cambados), Dna. Josefa Abal (Redeira e membro da asociación Guimatur), Dna. Carmen Otero (Percebeira de Bueu)

No MÓDULO II: MULLERES CON NOME PROPIO, contouse coa participación de Dna. Ofelia Rey Castelao (Catedrática de Historia moderna da Universidade de Santiago de Compostela), Dna. Mª Victoria Carballo Calero (Catedrática de Historia da Arte da Universidade de Vigo), D. Chus Domínguez, Dna. Encarna Álvarez García (Vicepresidenta da CEP (Confederación de Empresarias de Pontevedra), Dna. Guadalupe Murillo Solis (Xerente da empresa Conserveira Alfonso García López – Pescamar), Dna. Marta Calvo García Benavides (Xerente da Conserveira Calvo), Dna. Rosa Lafuente Lestón (Xerente da empresa Conservera Gallega) e Dna. Nely Gonzalez Concheiro (Xerente e Directora de Calidade da Conserveira Ramon Peña).

octubre 2020
L M X J V S D
« Ago    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031